miércoles, octubre 27, 2010

LA NARRADORA ORAL PAULA CARBALLEIRA XOGLAR DE OUTONO 2010 (JUGLAR DE OTOÑO 2010)

Contacontos, actriz, directora e autora teatral… a traxectoria de Paula Carballeira é de sobras coñecida. Agora, todo ese traballo acaba de valerlle o premio Xograr de Outono que concede o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Un galardón que recibiron con anterioridade Celso Parada, Cándido Pazó ou Dorotea Bárcena. Foi Juan Carlos Fernández Fasero, o director de Agadic, o encargado de entregarlle o galardón a Carballeira este sábado. Ademais de agradecer o premio, a acriz aproveitou para expresar a súa preocupación pola situación da escena galega.

FUENTE: CULTURAGALEGA

No hay comentarios: