O Pazo da Cultura de Narón estará ocupado esta fin de semana por experimentados contacontos de diversas partes do mundo. A localidade leva adiante, por terceiro ano, o Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón”, que se fai en colaboración coa localidade canaria de Agüimes, onde esta iniciativa ten xa unha longa traxectoria. As actuacións previstas no grande auditorio naronés comezan mañá venres, ás 20.30 horas (entrada gratuíta con invitación). Encargarase Cristina Verbena de enfeitizar ó público no café-concerto, un espazo máis reducido e acaído para propostas tan próximas ós espectadores. “Medrei á sombra de historias. Se pecho os ollos, recupero o ritmo da voz que me contaba”, explica esta manchega residente en Zaragoza sobre si mesma. “Enrédanseme as historias con cancións tradicionais de moitos países”, engade.
O gran espectáculo que pechará o Festival (que nestes días viaxará por diversos locais veciñais) está previsto para o sábado, xa no auditorio maior do Pazo. Alí, a partir das 20.00 horas (entradas a 9 euros), tódolos contacontos xuntarán a súa sabiduría para ofrecer un espectáculo único. Repetirá Verbena pero tamén haberá posibilidade de ver en directo a Tim Bowley –narrador británico con máis de vinte anos de experiencia e medio mundo ás súas costas–, acompañhttp://www.blogger.com/img/blank.gifado pola galega Charo Pita. Tamén estarán Félix Albo –que participou na edición do pasado ano–, Alekos –coordinador da Rede Internacional de Contacontos– e Márcio Caires –procedente do proxecto social Grãos de Luz e Griô, co que colabora a naronesa ONG Lena–.
FUENTE:DIARIO FERROL
No hay comentarios:
Publicar un comentario